Friday 22 de November de 2024

O Concello organiza unha excursión a Pontevedra e Marín o próximo 24 de abril


● A actividade está dirixida ás persoas maiores de 55 anos empadroadas no Concello.

A Concellería de Turismo do Concello de Miño organiza, o próximo 24 de abril, unha excursión a Pontevedra e Marín para persoas maiores de 55 anos que estean empadroadas no municipio.
A saída será ás 8:30 horas da rúa do Mercado. No itinerario establécese un tempo libre en Pontevedra, que ocupará toda a mañá. A comida será no restaurante Adega dous Avós, onde se servirá empanada caseira, codillo ao forno, flan, café e bebidas. Xa pola tarde será o momento de visitar os petróglifos de Mogor e un pouco de tempo libre en Marín. O prezo do bus é de 8 euros e o da comida de 18.
O prazo de inscrición nesta actividade abrirase o próximo 9 de abril, permanecendo aberto ata o 18 do mesmo mes ou ata esgotarse as prazas.