Friday 22 de November de 2024

A Coruña acolle este xoves os Premios María  Casares, que homenaxearán o xénero do teatro  musical 


O concelleiro Gonzalo Castro presentou a gala, na que compiten un total  de 19 obras e está dirixida por Sara Fandiño 

 Os XXVIII Premios de Teatro María Casares entregaranse  este xoves, 21 de marzo, no Teatro Rosalía de Castro a partir das 20.30 horas. A gala de  entrega será un homenaxe ao teatro musical con “mar de fondo” no que os elementos  marítimos serán unha constante sobre o escenario. Así o adiantou esta mañá a actriz Sara  Fandiño, directora artística da gala, nunha rolda de prensa celebrada en María Pita e que  estivo presidida por Gonzalo Castro, concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade. 

O edil destacou o labor do Goberno de Inés Rey para que A Coruña siga sendo “a cidade  da cultura de Galicia”. “O traballo levado a cabo nos últimos anos reflíctese na valoración  moi positiva que se fai da nosa programación e dos nosos espazos, como o Teatro Rosalía  de Castro”, indicou Castro. Por outra banda, quixo poñer tamén en valor a calidade dos  espectáculos programados durante o ano neste teatro e no resto que compoñen a rede  municipal. 

Na gala terán gran protagonismo as lendas do mar, o espírito atlántico e dous arquetipos  fundamentais no imaxinario marítimo universal: os piratas e as sereas. Ao longo da gala se renderá homenaxe ao teatro musical ao introducir referencias universais e ben recoñecibles  deste xénero. Ademais, os soños e os mundos oníricos terán tamén gran relevancia. 

A directora conta cun elenco conformado por artistas que destacan por combinar mocidade  e experiencia, xa que son intérpretes que teñen un longo percorrido nos musicais. Alba  Tojeiro, Germán Prenta, Iván L. Estévez, Iván Márquez, Mario Lagoas, Rocío Salgado e  Verónica Peiteado conforman o reparto. Fandiño asina tanto a música como a letra dos  temas que soarán durante a gala e conta coa colaboración de Alexandro González para a  orquestración e mais os arranxos. O espazo escénico corre a cargo de José Expósito Ortiz. 

Nota de Prensa 

Este ano os Premios rexistraron a maior inscrición dos seus 28 anos de historia. Presentáronse un total de 47 espectáculos, dos cales 19 aspiran a levar este xoves algún  dos 16 galardóns nos que se dividen os Maria Casares. 

A gala será retransmitida por streaming na canle do Premios María Casares ás 20.30 h:  https://www.youtube.com/c/premiosdeteatromariacasares . 

19 espectáculos finalistas 

O espectáculo Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro, aspira a nove María Casares  (espectáculo, dirección, actriz protagonista, actor secundario, adaptación-tradución,  vestiario, maquillaxe, espazo escénico e iluminación), mentres que Hamelin, de Redrum  Teatro, compite por seis (espectáculo, dirección, actor protagonista, actor secundario por  partida dupla e iluminación).  

Dúas obras do Centro Dramático Galego aspiran a cinco María Casares: Shakespeare en  Roma (actor protagonista, actriz protagonista por partida dupla, vestiario e adaptación tradución) e Un hotel de primeira sobre o río (actriz secundaria por partida dupla,  dirección de movemento, vestiario e espazo escénico). O Auto do Castromil, de  Producións Teatráis Excéntricas en coprodución co Centro Dramático Galego, tamén  compite por cinco (espectáculo, dirección, actor protagonista, vestiario, espazo sonoro) 

Entrega en man, de Contraproducións, opta a tres galardóns (adaptación-tradución,  maquillaxe e actriz secundaria) mentres que por dous compiten as pezas Crisálida, de  Caramuxo Teatro (espazo escénico e espectáculo infantil); Vox populi, de Malasombra  (iluminación e espazo sonoro) e Deadpan Karaoke (maquillaxe e espazo sonoro).  

Cun finalista atópanse outros dez espectáculos, tres deles optan ao mellor texto orixinal:  Códice K, de Ainé; A nai, de Amorodio Teatro, e Mosca, de Ártika Cía. Outras tres aspiran  ao galardón de monicreques, obxectos e figuras animadas: A teteira de Kabul, de Xarope  Tulú; Coliño, de A Xanela do Maxín, e Nanai da China, de Pérez&Fernández.  

Pola súa banda, Ándale! Bon apêttit!, de Teatro Ghazafelhos, e Backstage, de  NegroLópez, son finalistas no apartado de espectáculo infantil, mentres que Frida, de A 

Nota de Prensa 

Cova das Letras, e Insubmisa, de Antagonista Teatro agardan levar o premio á mellor  dirección de movemento. Durante a gala entregarase o Premio de Honra Marisa Soto a  María Barcala e Vero Rilo lerá o Manifesto Galego do Día Mundial do Teatro.