A intervención está subvencionada pola Deputación da Coruña e contempla a realización dunha travesía peonil de 400 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho.
Previo á execución do pavimento contémplase a canalización e arquetas con sumidoiro para recollida de augas pluviais e para iluminación pública. Ademais, colocarase unha varanda en aceiro inoxidable para optimizar a seguridade viaria.
O Concello das Somozas acaba de sacar a licitación o proxecto de construción dunha senda peonil na estrada AC-861 da Toca, no que investirá máis de 115.000 euros, e que conformará o último tramo e a unión entre a senda da Toca e a senda de Pena de Eiriz.
Esta intervención, financiada pola Deputación da Coruña, contempla a realización desta travesía peonil de 400 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho. Ademais, previamente á execución do pavimento contémplase a canalización e arquetas con sumidoiro para recollida de augas pluviais e para a instalación de luminarias e iluminación pública.
A actuación tamén recolle a instalación dunha varanda en aceiro inoxidable para optimizar e reforzar a seguridade viaria.
O alcalde, Juan Alonso, subliña “continuamos mellorando as comunicacións e infraestruturas do municipio e dando resposta ás necesidades da nosa veciñanza”.
Con esta actuación “seguimos mellorando a seguridade viaria da nosa vila, co obxectivo de que tanto os vehículos como os peóns que discorren por elas conten cun espazo axeitado e seguro”, rematou.