Friday 22 de November de 2024

Preto dun milleiro de persoas desfruta da X Festa da Filloa de Abellá, que repartiu máis de 300 menús a base de filloas, caldo e lacón


A X Festa da Filloa de Abellá (Frades) foi todo un éxito de participación, onde preto dun milleiro de persoas pasaron ao longo do sábado polo pavillón municipal de Abellá para degustaren as filloas con lacón, acompañadas dunha boa taza de caldo galego e rixóns. Uns pratos que foron posibles grazas ao labor das e dos filloeiros, así como de todas as persoas voluntarias que participaron no evento ao longo de toda a xornada, durante a que se venderon máis de trescentos menús.

A festa estivo amenizada polo grupo de gaiteiros “Son da terriña”, da parroquia de Galegos, así como pola orquestra Barceló e Chocolate Disco Móvil. Unhas actuacións que incrementaron o número de persoas participantes ata preto do milleiro. Pola súa banda, os máis cativos puideron gozar de inchables e divertidos obradoiros. A X Festa da Filloa de Abellá foi organizada pola asociación de veciños “Os Labregos de Abellá”, en colaboración co Concello de Frades