Monday 25 de November de 2024

O concello da Laracha programa O Escape Room “Estrellas”


A actividade programada para o vindeiro martes 26 de marzo é gratuíta e require de inscrición previa, a cal xa se atopa aberta e accesible dende as redes sociais e a web municipal.

O concello de A Laracha retoma a programación da actividade prevista no marco do Día Internacional da Muller adiada por motivos meteorolóxicos. Esta actividade terá lugar o vindeiro martes 26 de marzo desde as 19:00 horas na Praza Les Sables d’Olonne. Trátase do escape room Estrelas, unha experiencia a modo de xogo de escapismo na que serán protagonistas as mulleres máis apaixonantes da historia.
Esta actividade, constará de dúas partes, sendo a primeira unha charla técnica na que se explicarán a dinámica e as regras, formaranse os equipos e repartirase o material. A segunda consistirá no desenvolvemento da proba, na que os equipos deberán buscar a información pola contorna coa axuda dun mapa e guiándose por material gráfico e sonoro.
A actividade márcase como obxectivos visibilizar e poñer en valor o papel das mulleres na historia da humanidade, sensibilizar sobre a importancia de educar en igualdade para favorecer a liberdade feminina, formar en valores e actitudes de non discriminación e previr a violencia de xénero.
O escape room Estrelas vai dirixido a todos os públicos, pero recomendado especialmente ao familiar e a maiores de dez anos de idade. Requírese inscrición previa, que é gratuíta e poderá formalizarse en liña cubrindo o formulario que estará dispoñible nas redes sociais e na web municipal ata o próximo luns 25 de marzo.