Friday 22 de November de 2024

Muíños insta ao goberno local a supervisar o estado dos muros da rúa de Belvís


Denuncia a preocupación da veciñanza da zona de Quiroga Palacios que transita diariamente por esa rúa ante o abombamento do muro pola presión das árbores, e pide ao goberno que actúe para evitar desprendementos.

O estado dos muros na rúa de Belvís, fronte ao convento de Santa María, comeza a xerar certa preocupación entre a veciñanza da zona. Así llo trasladaron ao Grupo Socialista que lle reclama ao goberno unha análise do estado no que se atopan, así como que se tomen “as medidas necesarias” para confirmar que o tramo sexa seguro.

Nas úlImas semanas houbo varios desprendementos en algún dos puntos do muro, aínda que “localizados afortunadamente” explica Gonzalo Muíños que insiste na necesidade de revisar o seu estado, toda vez que tamén estase a ver como “o muro parece dar de si e a abombarse” pola presión das árbores do parque.

Lembra Muíños que se trata dunha rúa de tránsito de persoas, e pola que pasa ademais o transporte público, algo que debe levar, insiste, a tomar medidas cautelares para garanIr un risco cero: “non se trata de esperar alarmismo senón de resolver unha situación pola que os veciños da zona de Quiroga Palacios xa nos teñen trasladado a súa inquedanza”.