Os concelleiros Gonzalo Castro e Manuel Vázquez participaron na entrega de premios da xornada da segunda fase da temporada, que se celebrou en Abegondo con 23 equipos de todo o país
O concelleiro da Área de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro, e o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez participaron no acto de entrega de medallas da xornada da segunda fase de La Liga Genuine 2023-2024, que esta fin de semana se disputou de maneira íntegra na Cidade Deportiva de Abegondo.
Esta competición foi organizada polo Real Club Deportivo a través da súa Fundación e contou coa participación dos 23 equipos que conforman esta competición. Gonzalo Castro destacou o gran papel que xoga esta liga e o club coruñés a prol da inclusión grazas ao proxecto Genuine.
Ademais do Real Club Deportivo, tamén participaron nesta xornada: Fundación Málaga CF, FC Andorra, Deportivo Alavés, Real Sociedad Fundazioa, Real Betis Balompié, Burgos CF, FC Cartagena, Getafe CF, Real ValladoliDI, Fundación Albacete, SD Ponferradina, Racing Club de Ferrol, Real Racing Club de Santander, Granada CF, SD Eibar Fundazioa, CF Fuenlabrada, CD Lugo, Fundación Real Madrid e Elche CF.
Durante a fin de semana disputáronse 36 partidos. Os concelleiro a estiveron presentes na Cidade Deportiva de Abegondo este domingo e participaron na entrega de medallas a todos os equipos participantes.