O alcalde Luís Pérez e os edís Xabier Vidal e Vicente Mariño presentaron hoxe a VI Bandeira Concello de Ribeira que se celebrará o vindeiro domingo 24 de marzo ás 10:30 da mañá no porto de Ribeira.
Segundo explicou Suso Silva, presidente do Club de Remo de Ribeira, nesta regata de bateis, enmarcada dentro da Liga Galega, participarán arredor de 100 embarcacións e uns 600 deportistas da provincia da Coruña.
“Dende o Concello seguimos apoiando e patrocinando o deporte de base e o deporte náutico, xa que estas competicións non son só un evento deportivo senon tamén unha celebración da nosa cultura marítima.” explicou o alcalde Luís Pérez. “O fomento do deporte náutico ten un importante valor cultural e histórico en Ribeira, que ademáis atrae visitantes doutras rexións e promove a imaxe do Concello como un destino turístico activo e dinámico”.