Urxe a encargar un informe técnico sobre a seguridade e estabilidade estrutural do mesmo.
Para o Partido Popular o estado do paseo marítimo de Santa Cruz e as estruturas complementarias urxen a atención de especialistas que valoren unha necesaria campaña xeral de actuacións que garantan a súa seguridade. A concatenación de sinistros na estrutura este inverno poñen de manifesto a necesidade dunha intervención preventiva e de rehabilitación. Avanzada corrosión de armaduras, perda de sección do formigón, cimentacións no aire poñen de manifesto a continua e intensa erosión do mar, afectando á estrutura e por tanto á consistencia de boa parte do Paseo Marítimo.”
“Como o resto das obras destas características, financiadas polo Estado, conleva a posterior obrigación de mantemento e conservación a cargo da administración local que no caso de Oleiros, como no resto das infraestruturas municipais, brilla pola súa ausencia ”
” Está abandono tamén se pode observar non moi lonxe de alí, nas mesmas escaleiras que do paseo acceden ao parque e que a falta de limpeza e conservación están a dar lugar a múltiples caídas”
Desde o Partido Popular de Oleiros reclámase a inmediata contratación dun informe técnico que valorei o estado do paseo, as causas da súa deterioración e orzar o seu total e completa rehabilitación, incluíndo os traballos de estabilización dos noiros na zona da escaleira ao parque e a mesma pasarela que dá ao castelo.
O Partido Popular presentará a través do seu grupo municipal unha iniciativa no próximo Pleno esixindo estás ou outras medidas xa que en todo caso o atrasar a actuación encarecerá notablemente a súa rehabilitación.