Friday 22 de November de 2024

Gonzalo Muíños reclama o arranxo da rúa Lisboa en Fontiñas


O edil socialista explica que a rúa presenta “importantes afundimentos” podendo provocar unha situación “de risco” nunha rúa cun importante tráfico de vehículos e transporte público.

Os socialistas pedirán no pleno deste mes de marzo o arranxo urxente da rúa de Lisboa en Fon9ñas que presenta importantes fochancas. Segundo explica o seu portavoz, Gonzalo Muíños, o pavimento está afundido “podendo provocar unha verdadeira situación de risco, tendo en conta que por esta vía circulas moitos automóbiles, pero tamén vehículos pesados como bus escolar e transporte público”.

Muíños reclama que se avalíe se é segura a circulación por este vial reclamando o seu arranxo: “poden facelo pola vía de urxencia ou, se es9man que non existe un perigo inminente, que o inclúan no lote de asfaltados que deberían estar preparando”.

Insiste o edil socialista na preocupación da veciñanza da zona de Fon9ñas afectada polo deterioro do vial, que empeorou nos úl9mos meses, sobre todo, a raíz das chuvias durante o inverno.