Sunday 24 de November de 2024

A X Festa da Filloa de Abellá terá lugar este sábado 16 de marzo con degustación de filloas e caldo galego


A asociación de veciños Os Labregos de Abellá, en colaboración co Concello de Frades, organiza a décima edición da Festa da Filloa, que terá lugar este sábado 16 de marzo no pavillón municipal de Abellá. Unha celebración que arrincará ás 13:30 horas coa tradicional degustación de filloas e caldo galego, a un prezo de 15 euros. A música correrá a cargo da orquestra Barceló, que se encargará da sesión vermouth ata as 15:00 horas.

Pola tarde volverá a música da orquestra Barceló, que estará acompañada polo grupo de gaiteiros Son da Terriña, da parroquia de Galegos, e Chocolate Disco Móbil. Así mesmo, haberá carpa, sorteos e xogos para as crianzas, con cantina atendida pola Comisión de Festas de Abellá.

O bo facer das e dos filloeiros, así como de todas as persoas voluntarias que participan en cada edición da Festa da Filloa, atrae cada ano a milleiros de persoas á contorna do pavillón municipal de Abellá.