Friday 22 de November de 2024

O Concello solicita unha subvención á Xunta para contratar un enxeñeiro forestal


● A duración do contrato sería de 9 meses e o obxectivo é levar a cabo unha actuación planificada para a prevención e defensa contra incendios.

O Concello de Camariñas ven de solicitar unha subvención á Xunta de Galicia, concretamente para o fomento do emprego no medio rural (Aprol Rural), para a contratación dun enxeñeiro forestal a xornada completa durante nove meses.

O obxectivo desta contratación é a de contar co persoal axeitado para levar a cabo unha actuación planificada para a prevención e defensa contra incendios, ademais de lograr unha mellor xestión das faixas secundarias.