Saturday 16 de November de 2024

Nova edición da tradicional chocolatada e homenaxe aos maiores


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o tenente de alcalde, Vicente Mariño, presentaron hoxe a chocolatada homenaxe aos maiores, organizada por Amas de Casa de Ribeira coa colaboración do Concello que terá lugar este domingo día 17 dende as 17:30 horas.

O tenente de alcalde destacou a tradición desta celebración como un evento de “confraternización cos nosos maiores”. Segundo explicou Puri Cores, presidenta da Asociación Amas de Casa, o evento estará tamén amenizado polo grupo musical Leite con Jalletas e agárdanse ao redor de 400 persoas.
“Esta homenaxe levase celebrando no noso municipio máis de 20 anos, e por suposo, querémola seguir mantendo, xa que é unha das actividades que máis maiores congrega no noso municipio” explicou Pérez Barral, quen reafirmou o compromiso do equipo do goberno coa “atención á veciñanza” e destacou a importancia de este tipo de eventos que “congregan a tantas persoas maiores co propósito de homenaxealos por todo o traballo que fixe.