Friday 22 de November de 2024

Nova xestión das colonias felinas no Concello de Ribeira


A concelleira de Benestar animal, Antía Alberte presentou hoxe a nova xestión das colonias felinas no Concello trala concesión da subvención do Ministerio de Asuntos Sociais e Axenda 2023 a Callejeros Barbanza.

A concelleira destacou que o programa incluirá actuacións de sensibilización, obradoiros e asistencia veterinaria aos gatos, “así como a instalación de gateras en zonas de colonias, nas que se instalarán unhas recomendacións básicas de como cuidar e alimentar aos animais”. Do importe total desta subvención, uns 6000 euros estarán adicados á castración polo método CER.

Antía Alberte destacou asimesmo a necesidade de regular a situación dos alimentadores de colonias felinas, para o que se fará unha formación específica, e se acredite ás persoas que poderán alimentar ás colonias. “Haberá ademáis unha formación concreta para funcionariado do Concello” explicou. “É necesaria a concienciación e a sensibilización con respecto ás colonias felinas”. Os días 16, 23 e 24 de marzo realizaranse formacións para xestores de colonias e obradoiros para a cidadanía en horario de mañá e tarde.

Rosa, voluntaria de Callejeros Barbanza, explicou que a semana pasada xa comezaron coas capturas en diferentes colonias de Ribeira donde hai proliferación co obxectivo de acadar “colonias totalmente castradas” aínda que según explica, o aumento de gatos é considerable debido a varios factores, entre eles destaca o abandono. Por iso tamén destaca a necesidade de educación e concienciación sobre os cuidados que precisan estes animais en tódalas parroquias. Nese senso destacou que dende a asociación están elaborando un censo de colonias, para o que piden a colaboración da veciñanza co propósito de poder actuar en tódalas colonias.