O convenio suscríbese entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias.
Desde agora, a cidadanía debe chamar ao 012 se ve algún niño de velutina.
O Concello de Camariñas vén de adherirse ao convenio suscrito entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a vixilancia e control fronte a avespa asiática ou vespa velutina.
O obxectivo deste acordo é o de realizar unha execución coordinada das diferentes actuacións que se levan a cabo para actuar fronte a esta especie invasora.
Desde agora, a cidadanía que vexa un niño de avespa asiática debe chamar ao 012 para comunicar a incidencia.