Thursday 21 de November de 2024

Bergondo homenaxea ao escritor José Blanco Amor no 35 aniversario do seu falecemento


· Membros da coporación realizaron unha ofrenda floral na tumba do autor bergondés no cemiterio da parroquia de Lubre, de onde era orixinario.

O Concello de Bergondo realizou hoxe pola mañá unha ofrenda floral na tumba do escritor bergondés José Blanco Amor. O acto solemne celebrouse no cemiterio da parroquia de Lubre, de onde era orixinario o autor, e asistiron membros da corporación municipal.

Blanco Amor é un das figuras históricas máis importantes da historia do municipio, á altura doutros autores como Filomena Dato, Xoán Vicente Viqueira, Florencio Vaamonde Lores ou Alejandro Pérez Lugin. O goberno local está a apostar claramente polo recoñecemento a estes personaxes moitas veces descoñecidos para veciños e visitantes. De feito, este ano 2024 está dedicado ao autor Xoán Vicente Viqueira.

José Blanco Amor (Armuño, 3 de decembro de 1909; Bos Aires, 10 de marzo de 1989) naceu non sé dunha familia labrega dá parroquia e San Xoán de Lubre, non concello de Bergondo. Estas orixes humildes obrigárono a traballar non campo dende moi novo. Máis adiante aprendeu ou oficio de carpinteiro e viuse obrigado a emigrar a Arxentina. Alí dedicouse a diferentes oficios para rematar non xornalismo, que aprendeu de xeito autoidacta.

Na súa obra máis alá do xornalismo podemos atopar novelas como ‘A vida que nos dan’, ‘Todos os muros eran grises’ ou ‘Duelo pola terra perdida’; ensaios como ‘Con verdade e rigor’, ‘España e o marxismo’ ou ‘O final do boom’.

No que se refire a galardóns, o bergondés recibiu o Valle-Inclán do Centro Galego de Buenos Aires, o Premio Nacional de Literatura Arxentina, o Pen Club Internacional ou o Premio hispanoamericano e prensa Miguel de Cervantes.