Saturday 16 de November de 2024

Francisco Charlín Oróns tomou posesión como alcalde de Laxe tras a dimisión de Pérez Añón


• Tamén foi nomeada a nova edila do PP, Begoña Gegúndez Allo, que asume as concellerías de Deporte e Pesca

• As medidas foron aprobadas no pleno extraordinario celebrado na xornada de hoxe, 8 de marzo

Francisco Charlín Oróns xa é alcalde de Laxe. O rexedor foi escollido e tomou posesión no pleno extraordinario celebrado na xornada de hoxe, 8 de marzo, no Salón de Plenos do Concello. Charlín, que terá dedicación exclusiva, asume o cargo tras a dimisión, o pasado 21 de febreiro, de José Luís Pérez Añón por motivos de saúde. El mesmo foi o encargado de entregarlle o bastón de mando na sesión.

O novo alcalde comprometeuse a continuar desenvolvendo iniciativas que beneficien a todas as persoas de Laxe e que contribúan “ao avance e progreso do noso municipio. O meu obxectivo é ser, en todo momento, útil para a nosa veciñanza. Os nosos veciños e veciñas serán sempre a prioridade e as súas preocupacións e necesidades o que guíen as actuacións e accións que levemos a cabo”.

Ademais, durante a sesión plenaria, tamén tomou posesión a edil do Partido Popular Begoña Gegúndez Allo, que pasa a asumir as concellerías de Deportes e Pesca, ata o momento ocupadas por Charlín.

Nova composición do goberno:

Tras a celebración do pleno e a aprobación do novo alcalde e a nova edil, os concelleiros delegados quedan asignados do seguinte xeito:

1. Concellería delegada de Deporte e Pesca: Begoña Gegúndez Allo
2. Concellaría delegada de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura: Raquel Lema Allo
3. Concellaría delegada de Servizos Sociais, Emprego e Igualdade: Sandra Mouzo Pose
4. Concellaría delegada de Xuventude, Festas e Medio Ambiente: Daniel Mata Martínez
5. Concellaría delegada de Persoal, Obras, Servizos e Prais: Eulogio Constantino Castiñeira