Monday 25 de November de 2024

A mostra do XVII Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica recala na Pobra


Unha escolma dunha trintena de obras integran a exposición correspondente ao XVII Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica promovida pola Deputación da Coruña que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler.

A mostra recala na Pobra do Caramiñal ata o 31 de marzo composta por creacións procedentes de diferentes disciplinas técnicas (gravado calcográfico, litografías, serigrafías e xilografías) escollidas polo xurado do dito certame anual que conta coa participación de artistas de dezanove países. Entre as pezas exhibidas atópase a gañadora desta edición: a serigrafía Ikatz/Harri II, da artista Myriam Gesalaga.

Con relación a esta exposición, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, declara que “é unha magnífica oportunidade para desfrutar do talento de creadores e creadoras gráficas de diferentes culturas.”

A sala pode visitarse de luns a venres, de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00 horas.