Como antesala da festa do Carme do Castelo, a sexta edición do Pasabares levará a música tradicional á hostalaría no 16 de marzo, a partir das 20.00 horas. Incorpórase tamén unha novidade: o concerto de Río de Anxo e Varacuncas, ás 22.30 horas, nun toldo disposto na zona da Covecha, que acollerá tamén unha foliada.
No acto de presentación participaron a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e representantes da comisión do Carme do Castelo: o seu presidente, José María Abuín; o tesoureiro, Ricardo Santamaría; o vogal Juan Manuel Fernández e a vogal Mari Carmen Miranda.
Este evento chega para dinamiza-la vila culturalmente na segunda quincena do mes de marzo, antes da chegada da axenda lúdica propia do verán, ademais de enche-la localidade do noso folclore, segundo anunciou a edil.
Doutra banda, o presidente da entidade agradeceu a colaboración de tódalas partes implicadas e informou de que se estima unha importante afluencia de persoas, pois xa está confirmada a chegada dun autobús completo procedente de Noia.
Participarán os seguintes grupos: A Dorniña de Abanqueiro, A.C. Pedra da Aroña, AMBT Vai de Roda, Andavía, Argalleiros, Arrancadeira, Caraveiros, Chorimas, Gaiteiros do GBMT Tahúme, Jaitas Blue, Nunca é Tarde, Os da Boina, Os Laxeiros, Os Liantes, Os Pequenos do Barbansa, Os Sentenarios, Reviravolta, Rianxeiras da Covecha, Saljariteiros, Sons da Illa, Trécola, Troula na Barquiña, Xiada e Luminaria.
O ritmo soará nos bares 420, A de Rosa, Alameda, Amanitas, Anduriña, Bar Nuevo, A Barquiña, Blue Moon, Brisas, Canalejas, Curotiña, Don Miguel, Gelys, La Bolera, La Embajada, Liceo, London, Miramar, Mordiscos, O Galeón, O Malecón, Olimpo, Sisal e Tertulia no Laño.