Saturday 16 de November de 2024

O programa de excursionismo e sendeirismo para persoas maiores Ven e Descubre contará con 1.350 prazas


Decenas de veciños e veciñas participaron esta tarde no acto de presentación do programa municipal Ven e Descubre, que ofrece para este ano 2024 un total de 1.350 prazas para excursións e rutas de sendeirismo para veciños e veciñas maiores de 65 anos. Haberá 19 saídas de excursionismo e 11 de sendeirismo.

O excursionismo consistirá en itinerarios culturais con visitas guiadas en grupo durante os meses de maio, xuño, xullo e setembro a Lugo, Costa da Morte e O Morrazo. En canto ás rutas de sendeirismo ofértanse itinerarios por Arousa, a Vía Kuning, Monte Neme e A Raia (Galicia-Portugal).

No acto desta tarde tamén se entregaron os premios do VI concurso de fotografía “María José Cayado”, no que puideron participar as persoas que formaron parte do programa do pasado ano. Na categoría de sendeirismo o primeiro premio foi para Teresa Gómez con Mirándonos en el espejo. Na categoría de excursionismo o primeiro premio foi para Lino Rozas por Mosteiro de Oia. Concedéronse tamén dous accésits a Gloria Maseda por La Pinta e a Elia Amieiro por Buscando os fillos.

A inscrición tanto a excursionismo como sendeirismo poderán realizarse telematicamente ou telefonicamente. No caso do teléfono será, como sempre, por localidades; desde o 22 de marzo, chamando ao teléfono 981 610 000 de 16:00 a 20:00 horas. Para sendeirismo o prazo abrirase en abril.