Os/as estudantes coñeceron de primeira man dous dos nosos principais recursos turísticos: o litoral e o balneario
O alumnado do máster en Planificación e xestión de produtos turísticos da UDC achegouse ata o noso concello para coñecer de primeira man o modelo de xestión turística de Carballo. Acompañados/as pola técnica de Turismo, Maite Parga, os/as estudantes visitaron dous dos nosos principais recursos turísticos: a zona costeira e o balneario, o único en funcionamento en toda a provincia.
No mestrado, coordinado por Eduardo Guillén Solórzano, participan alumnos/as de países coma China, Arxentina, Uruguai e Cuba e de distintas comunidades autónomas españolas. O obxectivo do máster é a formación de profesionais tanto no ámbito da investigación coma do traballo profesional na planificación e xestión de produtos turísticos de distintas tipoloxías (congresos e convencións, de espazo litoral e termalismo, gastronómico e enolóxico, de patrimonio, deportivo…).
Desde a dirección do máster destacan a transcendencia económica e social do turismo en Galicia e no resto de España, de aí a necesidade de que sexa planificado e xestionado por persoas con formación específica. Este mestrado, en concreto, vence impartindo na UDC desde o ano 2006.