O Concello de Lousame acordou aprazar a celebración da andaina polo río Vilacova, prevista para este sábado 9 de marzo debido ás malas condicións meteorolóxicas. “Tanto a chuvia caída nas últimas horas como as previsións de chuvia e vento para o sábado obrígannos a adiar a andaina e a buscar unha nova data para homenaxear ás mulleres que traballaron nas papeleiras”, lamenta Silvia Agrafojo.
O Concello de Lousame lamenta as molestias que esta decisión poida causar. A nova data da andaina darase a coñecer nos próximos días, de forma que as persoas que xa estaban anotadas poidan manter as súas inscricións, así como dar pé a novas incorporacións en www.bandoticket.com.