Friday 22 de November de 2024

A Orquestra SONS realizará un novo concerto o 24 de marzo con motivo da Semana Santa


O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o tenente de alcalde Vicente Mariño e a concelleira de cultura Antía Alberte presentaron hoxe xunto a Alexandre Millet, o concerto temático que realizará a orquesta Sons no Concello o vindeiro día 24 de marzo ás 20:00 na Igrexa Parroquial de Santa Uxía de Ribeira.

O concerto, no que participarán 32 músicos, ten como obra principal a banda sonora da película dirixida por William Wyler, Ben Hur. Segundo explicou Alexandre Millet o acto estará dividido en dúas partes, “a primeira será un repertorio inspirado na música de Semana Santa e na segunda interpretaremos a obra Memorias dunha illa – Sálvora, que se inspira nas  historias e nas lendas da illa de Sálvora. 

No anterior concerto da Orquesta SONS que tivo lugar na lonxa de Ribeira polo Nadal  “máis de 600 persoas puideron disfrutar da súa música. Estamos moi contentos de poder  financiar este tipo de actos culturais” afirmou o alcalde Luís Pérez, quen destacou o “espazo  emblemático da Igrexa de Santa Uxía que ofrece unha moi boa sonoridade para este tipo de  concertos”.  

O alcalde destacou asimesmo a labor de Alexandre Millet na recuperación e divulgación da  música galega e a historia do municipio. “Dende o Concello de Ribeira queremos promocionar  aos artistas locais e colaborar na posta en valor da nosa cultura, intentando que Ribeira teña  unha programación cultural de primeiro nivel” concluiu o rexedor.