● A actuación, que conta cun orzamento de 8.000 euros, permitirá cuantificar as perdas de auga e deseñar un plan de actuacións para minimizalas.
O Concello de Camariñas ven de solicitar unha subvención á Xunta de Galicia, concretamente a Augas de Galicia, para financiar a realización dunha auditoría do servizo de abastecemento de auga potable, un contrato que contaría cun orzamento de 8.000 euros.
O obxectivo desta actuación é o de realizar un recoñecemento detallado do sistema de abastecemento en alta e de subministración en baixa que cuantifique as perdas de auga e deseñe un plan de actuacións concreto para minimizalas.