Saturday 16 de November de 2024

O Partido Popular de Cambre esixe a DIMISIÓN do alcalde Óscar García Patiño pola súa irresponsabilidade, ao decidir non regularizar os servizos públicos do Concello nestes 9 anos


Os veciños de Cambre levan 5 meses vendo como a mala xestión destes anos acabou desencadeando impagos ás empresas, unha débeda de 7 millóns con provedores, servizos públicos degradados, empregados en ERTE, unha folga de limpeza ou como se acumulan débedas do Concello…

Todo isto provocado pola neglixente decisión despois de que o alcalde Patiño chegase a alcalde en 2015, na que decidiu, “Non dedicar o seu tempo e o do seu goberno a regularizar os servizos públicos do Concello que estaban en precario, xa que senón non tería tempo de levar a cabo o seu programa e os veciños non o votarían en 2019”, foron as declaracións do alcalde no pleno extraordinario do 26 de outubro de 2023 e que permiten entender como chegamos a esta situación.

As decisións irresponsables do alcalde e do seu goberno nestes 9 anos nos arrastran a todos, ata o punto de que onte os 24.700 veciños de Cambre estiveron a piques de quedar sen abastecemento de auga por ter o servizo sen contrato dende hai anos.
“Os culpables de ternos levado a este colapso en todos os servizos non son quen de sacar adiante o Concello, Cambre non se merece este goberno, rodeado de irregularidades e polémicas, por iso dende o Partido Popular esiximos a dimisión do señor Patiño”, afirman os populares.
“O Concello de Cambre non poderá seguir adiante mentres siga no seu cargo o principal responsable de levalo a esta situación de parálise e desprestixio absoluto, os veciños xa non confían no seu concello por culpa do señor Patiño e debe marcharse”, indica a portavoz Diana Piñeiro.