Ante a previsión de mal tempo, o Concello de Moeche suspende a andaina do 8M que ía desenvolverse este sábado 9 de marzo con saída desde distintos puntos do municipio e chegada conxunta ao recinto feiral.
A camiñata reivindicativa adíase ao sábado 30 de marzo, mantendo os mesmos horarios e puntos de encontro dos que informamos na nota enviada onte.