• A saída terá lugar o domingo, 17 de marzo, e incluirá unha visita guiada por esta zona histórica de Santiago.
Como parte do programa Turismo Activo Abegondo, o Concello abriu xa o prazo de inscrición para o roteiro pola senda mitológica no Monte do Viso. A actividade terá lugar o domingo, 17 de marzo, e durante a mesma as persoas participantes poderán gozar, non só do propio roteiro de sendeirismo, senón tamén dunha visita guiada por esta zona histórica de Santiago.
O roteiro, de tipo circular, conta con máis de 10 km de distancia e ten unha dificultade técnica baixa.
As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas terán que inscribirse previamente no rexistro municipal ou na sede electrónica do Concello. O custo será de 8 euros por persoa participante.