Coa Noite das Pepitas á volta da esquina, a Casa de Cultura de Neda este sábado o tradicional presentación da madriña da agrupación artística Lucero del Alba, unha honra que lle corresponderá a Lucía Ríos Curbeira, antiga compoñente da entidade. O acto, aberto a toda a veciñanza, arrincará ás 19 horas e nel non faltarán nin a música nin os versos.
Como vén sendo habitual, a cerimonia do cambio de madriña, coa colocación da banda e imposición da capa por parte da anterior homenaxeada, incluirá un pequeno concerto, cun repertorio que incluirá valses, danzas e algún que outro pasarrúas. Desta volta ademais, recitaranse varios poemas do autor nedense Xoán García.
A rondalla Lucero del Alba naceu no ano 1966 e foi a primeira da comarca que tivo voces femininas. A día de hoxe, conta cunha trintena de integrantes, entre voces e instrumentistas. A agrupación, presidida por Ángeles Díaz Castro participará no 2024 nas celebracións das Pepitas tanto en Ferrol como en Mugardos, os días 18 e 23 de marzo respectivamente.