O Concello de Ribeira, a través do servizo de limpeza viaria, está a reforzar a limpeza nas zonas de xogo infantís en tódalas parroquias.
O mantemento das zonas de xogos infantís é fundamental para garantir a seguridade e o benestar dos nenos que as utilizan. Ademais da inspección periódica de equipamentos e estruturas, é de suma importancia reforzar a limpeza viaria nestas zonas.
As áreas de xogos infantís son lugares onde os nenos poden explorar, socializar e gozar das actividades físicas. Por iso, é fundamental implementar medidas de limpeza eficaces para manter estes espazos en condicións óptimas.
“Para nós é unha prioridade mellorar o mantemento e a limpeza das zonas de xogo.” explicou aconcelleira de Servizos Municipais, Tania Redondo. “Seguiremos actuando progresivamente en tódalas as áreas de xogo e nas parroquias.