Ao redor das 5:21 da madrugada produciuse unha saída de vía con feridos na estrada AC-162, á altura do quilómetro 3, en Reboredo.
Un único vehículo implicado. O condutor, que tivo que ser excarcerado, foi trasladado ao CHUAC con prognóstico reservado.
Ata o lugar do accidente trasladáronse os Bombeiros do Consorcio Provincial, Tráfico, o 061 e Protección Civil de Bergondo.