Esta fin de semana do 2 ao 3 de marzo 10 deportistas do Club Salvamento Acuático Laracha desprazáronse ata a cidade de Valladolid para participar na IV Spanish Short Course Champioship / IV Campionato de Cortas Distancias Xuvenil, Junior e Absoluto onde se fixeron con dous novos Récords de España.
O deportista Sergio Campos batiu de novo o récord de España na proba 50 m natación con obstáculos con un tempo 24“57, proclamándose Campión de España
O equipo masculino absoluto formado por Borja Diez, Alvaro Hidalgo, Pablo Amado e Sergio Campos tamén conseguiron bater o Récord de España na proba 4x25m relevo combinado cun tempo de 41“32 frente a 41“65, proclamándose así Campións de España.
Así mesmo, varios dos deportistas conseguiron clasificarse para disputar as finais de varias probas, acadando moi bos resultados, entre eles dous 3º postos:
3º posto e medalla de Bronce:
• Luis Negreira na proba 50 m socorrista xuvenil masculino
• Lucía Añón na proba 50 m remolque maniquí xuvenil feminino
5º posto:
• Iria Barreiro na proba 50m socorrista xuvenil fem
• Alvaro Hidalgo na proba 50 m socorrista junior masc
6º posto
• Juan Martín Rodríguez na proba 50 m remolque maniquí xuvenil masc
7º posto
• Pablo Amado Villar na proba 50 m socorrista absoluto masc
• Borja Diez na proba 100 m supersocorristas absoluto masc.
8º posto
• Alvaro Hidalgo na proba 100 m supersocorrista junior masc
• David Fraga na proba 100 m supersocorrista absoluto masc
Ahora seguirán traballando para preparar a Final Absoluta de Liga de Clubs e o Campionato Galego Absoluto que se celebrarán en datas próximas.