· Representaranse tres obras diferentes desde as 16:00 ata as 20:00 horas no auditorio da Senra.
· A iniciativa está impulsada co obxectivo de fomentar as artes escénicas na comarca.
O Concello de Bergondo acollerá tres obras do ciclo Marusía Escénica este sábado, 9 de marzo. Será a segunda parada desta iniciativa, impulsada por catro concellos da comarca en colaboración con Camtheam e a Asociación Cultural Catrogatos co obxectivo de fomentar as artes escénicas.
As actuacións, que serán no auditorio da Senra, comezarán ás 16:00 horas da man do grupo EMTSTeatro, que interpretarán “En memoria de Troia”. Ás 18:00 horas será a quenda de EMUTO, do Centro Municipal de Artes Escénicas de Oleiros, que representará “Anacos de vida”. Por último, ás 20:00 horas, Camtheam pechará a xornada teatral con “Veredicto”.
O acceso á sala será libre e completamente gratuíto ata completar o aforo.
Este ciclo inaugurouse a pasada fin de semana en Sada. A continuación, pasará por Cambre os días 16 e 17 de marzo, para terminar o 7 de abril en Oleiros.