Friday 22 de November de 2024

A Xunta paticipa na cerimonia de entrega de medallas e premios da X First Lego League Galicia coa que colabora


A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na cerimonia de entrega de medallas e premios da X First Lego League Galicia, un certame organizado pola Universidade da Coruña que conta coa colaboración da Administración autonómica, que concede un Premio Xunta de Galicia ao Proxecto de Innovación.

A competición diríxese a mozas e mozos de toda Galicia para potenciar o talento no marco das disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas). Nesta décima edición que leva por título #Masterpiece participaron un total de 50 equipos divididos nas tres categorías -Challenge, Explore e Discover- tratando de responder á pregunta de como utilizar a tecnoloxía e as artes para axudar a involucrar a outros no que lles encanta facer.