Do luns 4 de marzo ao venres 8 situarase un Punto Limpo Móbil nas inmediacións da Casa do Pobo de Nós.
A veciñanza que o desexe poderá depositar no punto limpo móbil pequenos electrodomésticos, baterías, pilas, aerosois, plásticos, cd e dvd, bombillas ou medicamentos, entre outros.
Os puntos limpos móbiles sitúanse cada semana nunha parroquia diferente para facilitar á veciñanza o proceso de reciclaxe de diferentes elementos.