Saturday 28 de September de 2024

Inés Rey: “Tenemos la obligación de aplicar la tecnología con los principios de solidaridad y justicia social, al igual que hacemos con los recursos públicos”


A alcaldesa interviu no panel ‘Transición digital inclusiva y transferencia de conocimiento’ da cuarta edición de Techcities Sant Boi, sobre o impacto da dixitalización e a intelixencia artificial nos Gobernos locais

A alcaldesa, Inés Rey, interviu esta mañá como relatora no panel ‘Transición digital inclusiva y transferencia de conocimiento’, no marco da cuarta edición da xornada Techcities Sant Boi. Rey sinalou como principal reto das administracións públicas implementar a tecnoloxía e a intelixencia artificial dende unha perspectiva social:
“Quienes tenemos responsabilidades públicas tenemos la obligación de aplicar la tecnología con los principios de solidaridad y justicia social, al igual que hacemos con los recursos públicos”.

A alcaldesa puxo como exemplo de boa aplicación das TIC e a IA o desenvolvemento de apps para os cidadáns ou o estudo e regulamento do tráfico a través do Centro Integral de Mobilidade (CiMob). Tamén sinalou a alianza estratéxica entre Concello e Universidade para o impulso de iniciativas como a AESIA ou a Cidade das TIC. “La AESIA es el punto yseguido a todo el trabajo que se ha venido haciendo y desarrollando durante muchos añosen la ciudad” aseverou, en referencia ao traballo do tecido empresarial e académico encolaboración co Concello.

En canto á fenda dixital, a rexedora indicou que “ya conviven todas las generaciones con latecnología, pero existen otras brechas”. Explicou que a regulación en intelixencia artificial,na que terá un papel destacado a AESIA como organismo de supervisión, ten comoprincipal obxectivo que os algoritmos non repliquen os sesgos sociais existentes. “Ahí estáel verdadero reto, que la desigualdad real no se traslade a la vida en la inteligencia artificial”sinalou.

A alcaldesa estivo acompañada pola directora xeral de Planificación, Coordinación eTransferencia de Coñecemento no Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, ElisaRivera. Rey describiu como “gratificante” ser convidados como administración para explicaro traballo levado a cabo na cidade, en colaboración con Universidade e empresa, e queconsolida A Coruña como exemplo na aplicación e desenvolvemento TIC en España.