Friday 22 de November de 2024

A Mesa de Contratación avanza no reuniuse para avanzar no procedemento para adxudicar os servizos de limpeza e conserxería de edificios e instalacións municipais e centros escolares


O contrato estruturouse en dous bloques para aumentar a competencia e favorecer a participación das pequenas e medianas empresas.

A Mesa de Contratación reuniuse para avanzar no procedemento de adxudicación dos servizos de limpeza e conserxería en centros escolares, edificios, dependencias e instalacións de titularidade municipal por un período máximo de catro anos (dous anos prorrogables por outros dous máis) e un orzamento total de 1.730.000 euros.

Na reunión realizouse a comprobación da documentación administrativa dos licitadores. En próximas datas volverase a reunir este mesmo órgano municipal para proceder á apertura de plicas e a clasificación das ofertas económicas presentadas.

Co propósito de incrementar a competencia e facilitar a participación das pequenas e medianas empresas no procedemento, a contratación estruturouse en dous lotes, establecendo que un mesmo licitador só poderá resultar adxudicatario dun deles.

O lote 1 é o referido ao servizo de limpeza e conserxería dos centros de educación infantil e primaria do municipio: o Otero Pedrayo, o Alfredo Brañas e o de Caión. O valor estimado do contrato polos catro anos ascende a 873.620,20 euros. Presentáronse oito ofertas.

O lote 2 inclúe o resto de edificios e instalacións municipais: Casa do Concello, Edificio Administrativo, escola infantil, Casa da Cultura, Centro sociocultural de Paiosaco, Centro sociocomunitario de Caión, Centro sociocultural da Insua, biblioteca da Laracha, centro de saúde de Caión, nave municipal do parque empresarial, pavillóns polideportivos de Caión, do IES Agra de Leborís e do CEIP Alfredo Brañas e o complexo deportivo do Campo de Fútbol Municipal da Laracha (incluíndo o pavillón e as pistas de pádel). Neste caso o valor estimado do contrato é de 855.770,12 euros e hai seis empresas que optan á adxudicación.