Saturday 16 de November de 2024

A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago celebra en Jaca o seu primeiro foro de empresas


A asociación formada por vinte e seis concellos de España e Francia ten como unir esforzos para reforzar todas as actuacións vinculadas ao Camiño de Santiago

Jaca albergou hoxe o primeiro Foro de Empresas da Asociación de Municipios do Camiño de Santiago, constituída en Burgos o pasado 10 de novembro.

A Asociación formada por vinte e seis concellos de España e Francia conta coa colaboración dos gobernos autonómicos e de entidades privadas.

O seu obxectivo é unir esforzos para reforzar todas as actuacións vinculadas ao Camiño de Santiago desde a atención ao peregrino, á sinalización ou á promoción da ruta declarada Patrimonio da Humanidade.

O foro de empresas celebrado esta mañá contou coa participación de representantes de Sacyr, Podoactiva, Skydone, Podoactiva, Renfe, Correos e Bankia, entre outras entidades. Así mesmo, o encontro contou coa presenza do xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, así como doutros representantes do Consejo Jacobeo e de gobernos autonómicos.

Durante esta primeira reunión materializáronse as primeiras liñas de actuación da Asociación e puxéronse en común ideas e formulacións das empresas participantes.

A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago constitúe un exemplo de colaboración público-privada fundamental no impulso e conservación da ruta xacobea.

Entre outras liñas de actuación, a asociación traballa xa en colaboración con entidades privadas na accesibilidade do Camiño de Santiago e na cobertura 4G da ruta así como no servizo gratuíto de wifi nas zonas de descanso da ruta.