A MOCIÓN SERÁ LEVADA AO PRÓXIMO PLENO E PROPOÑERÁ O ESTUDO DA VIABILIDADE DA MEDIDA MEDIANTE A CAPACITACIÓN DE PERSOAL MUNICIPAL PARA LAS LABORES DE CONSERVACIÓN
Dispoñer dunha rede de estradas e camiños en bo estado é unha necesidade básica para os cidadáns de calquera concello. En Oleiros esta necesidade increméntase, considerando a magnitude da súa rede viaria, así como a elevada circulación que soporta diariamente.
Desde o Partido Popular somos conscientes que a ampla rede de estradas e camiños de titularidade municipal precisa un mantemento contínuo, que non pode limitarse á reparación de pequenas fochancas, senón que debe incluír labores de limpeza de cunetas e sumidoiros, asfaltados xornais, mantemento da sinalización vertical e horizontal etc.
Sobre este respecto, Loli Silva, portavoz municipal do Partido Popular, sinalou “Por todo iso,imos presentar ao próximo Pleno unha moción para que se realice un estudo, en primeiro lugar, que permita coñecer os recursos materiais e humanos de que dispón o concello para os labores descritos ou se ten que proceder a licitar o servizo de conservación e mantemento. En segundo lugar, propoñemos a creación dun Servizo Municipal de Mantemento Viario que se ocupe -en exclusiva e cos medios adecuados- da conservación das vías, o seu correcto asfaltado, sinalización, limpeza de cunetas e sumidoiros, etc.”
“Agora só falta que o Alcalde teña a ben non recorrer á caprichosa arbitrariedade que utiliza habitualmente nos Plenos de acollerse á falta de urxencia para rexeitar, sen debate posible, unha moción que desde o Partido Popular de Oleiros consideramos tan necesaria neste concello”, concluíu a súa declaración Loli Silva.