Neda volverá contar neste 2024 cunha achega económica da Deputación para o mantemento do persoal adscrito ao departamento municipal de Cultura. O Concello recibirá unha achega provincial para dar continuidade ao labor de dinamización que desenvolve a técnica de animación sociocultural.
O Boletín Provincial da Coruña publica días atrás a concesión definitiva de subvencións ás entidades locais para reforzar ou manter os postos de traballo vencellados á súa acción cultural. e Neda será un dos 31 concellos coruñeses que destine estas axudas a financiar as retribucións correspondentes á praza de animación sociocultural existente.
O Concello, segundo figura na resolución, recibirá un total de 10.000 euros, para colaborar no mantemento deste posto entre cuxa funcións figuran a planificación da oferta cultural municipal, a posta en marcha de proxectos de lecer sociocultural, o traballo directo coas persoas usuarias da Casa da Cultura, ou o contacto co tecido asociativo local.