Saturday 16 de November de 2024

O coruñés Íñigo Quintero, nova confirmación do Morriña Festival 2024


A Coruña será a única data do artista no norte de España logo de posicionarse como número 1 en máis de 10 países

O Morriña Festival 2024 suma un novo nome ao conxunto de artistas que actuarán este mes de xullo no Porto da Coruña. Íñigo Quintero darase cita xunto con Aitana, Louis Tomlinson, Nicki Nicole ou Sen Senra poñendo o acento coruñés ao cartel de nivel nacional e internacional.

Quintero é un dos artistas españois con maior éxito internacional, acumulando números un non só en España senón tamén en países europeos como Francia, Alemania, Austria Países Baixos e Suíza entre outros. No pasado ano 2023, foi ademais o primeiro artista español en solitario en posicionar un single no top 50 mundial da plataforma Spotify. O Goberno de Inés Rey, continúa así dando pasos para a consolidación do Morriña Festival como un dos festivais máis importantes do país nesta cuarta edición.

De estilo pop, Íígo Quintero inclúe nas súas referenciasa destacados artistas como James Arthur, Charlie Puth ou Dani Fernández, que actuará tamén este verán no marco do Morriña Festival. Este será ademáis o único concerto que Quintero ofrecerá no norte de España, escollendo A Coruña, a súa casa, para presentar o seu directo os próximos 26 e 27 de xullo.

A venta de abonos para as dúas xornadas abriuse o pasado mes de xaneiro, acumulando a maior venta anticipada da historia do Morriña Festival. Aínda fican abonos dispoñibles dende 89 euros máis gastos e de 40 euros máis gastos para menores de 8 anos, fomentando a asistencia de familias ao evento. Cando se complete o cartel e se anuncie o programa por días poñeranse, ademais, entradas de día á venda.

O Concello da Coruña promove este festival de gran formato, que xa celebrou dúas edicións na cidade cun gran éxito de asistencia e retorno económico. Complétase así a programación cultural da Coruña, a mellor valorada de Galicia e unha das máis importantes do norte do país.