Friday 22 de November de 2024

A praia de Area da Vila volve a ser incluída no censo de zonas de augas de baño da Xunta de Galicia


· Tras o período de avaliación por parte da Consellería de Sanidade obtívose a clasificación provisional de ‘Excelente’.

· As obras de saneamento levadas a cabo polo Concello permitiron solucionar os vertidos ao mar que se producían.

· “Todas as praias de Camariñas están incluídas no censo oficial de praias aptas para o baño”, destaca Sandra Insua.

A praia de Area da Vila volve a ser incluída no censo oficial de zonas de auga de baño da Xunta de Galicia para a temporada 2024. A administración autonómica informou ao Concello de Camariñas que, tras o período de avaliación por parte da Consellería de Sanidade, obtívose a clasificación provisional de ‘Excelente’.

Isto supón que se fará vixilancia sanitaria dela, e que se recomenda que estea exposto un cartel indicando a clasificación provisional. A praia de Area da Vila carecía dos controis da Xunta ao non estar incluída no censo debido aos malos resultados dos últimos exercicios.

Nos últimos anos o Concello detectou se estaban producindo vertidos no mar e isto influía na mala calidade das augas. Para solucionalo realizou varias obras de mellora da rede de saneamento que permitiron lograr os bos resultados actuais, que se veñen dando continuamente.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, explicou que “esta é unha moi boa nova para nós, despois do traballo feito para reverter a situación en Area da Vila, como fixemos antes en Camelle” e salientou que “agora todas as praias do municipio están incluídos no censo oficial de praias aptas para o baño”.