· O importe total das axudas alcanza os 63.500 euros e contempla desde mantemento de espazos a contratación de persoas con discapacidade.
· O Concello busca crear sinerxias entre as diferentes asociacións e, desta forma, lograr potenciar as súas accións.
O Concello de Bergondo celebrou esta mañá o acto de formalización dos convenios de colaboración e protocolos de actuación con entidades sociais que desenvolven actividades dentro do municipio. O evento, que se desenvolveu na biblioteca do edificio A Senra, estivo centrado na firma simbólica -pois os acordos asínanse de maneira telemática- da colaboración entre o Concello e 11 entidades do terceiro sector.
O obxectivo deste acto é, por unha banda, a colaboración con organismos que desenvolvan os seus proxectos en Bergondo ou arredores e, por outra, impulsar iniciativas conxuntas entre as propias asociacións dirixidas a persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade.
Hoxe asináronse acordos con Anhida Coruña para a promoción de actividades para integrar ás persoas con TDAH; APEM, contemplando a contratación de persoas con enfermidades mentais; TP Galicia, apoiando na sensibilización social sobre as persoas con trastornos de personalidade; Dismacor, a quen se axudará no seu traballo de integración de persoas con discapacidade intelectual; ou Aspace, recollendo no acordo asistencia na promoción de servizos e programas para a inclusión social das persoas con algún tipo de discapacidade.
Tamén se apoiará a través destes convenios a Aspadisol, axudándolles a manter os seus centros para persoas con parálise cerebral; á Fundación Mujeres, que busca mellorar a situación social das mulleres; e a Mirabal, para mellorar a calidade de vida das vítimas de violencia de xénero.
A Cogami axudaráselle a través dun protocolo xeral de actuación, coordinando coa asociación programas de asistencia para persoas con discapacidade; a Asociación Párkinson Galicia-Coruña potenciaránselle as súas actuacións coas persoas con esta doenza; e Afaco axudaráselle nos seus programas con persoas afectas polo Alzheimer e outras demencias.
No seu conxunto, o importe das subvencións a estas asociacións alcanza os 63.500 euros e supón un importante impulso para a execución de programas sociais en Bergondo.
A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, sinalou que “ou terceiro sector desenvolve un papel funamental na transformación e ou progreso dá comunidade. Estas entidades sociais abordan retos complexos, pois vos problemas sociais non pairan de medrar e cada vez élles máis complicado facer ou seu labor”. Por iso, subliñou que “ou financiamento, a colaboración, a visibilidade ou a optimización de recursos son preocupacións persistentes nestes organismos e por iso, dende ou Concello, buscamos crear alianzas estratéxicas para amplificar ou seu impacto e facer máis ben na nosa comunidade”.