Saturday 16 de November de 2024

O Concello solicita unha subvención á Xunta para renovar o pavimento do parque infantil da Ponte do Porto


● A actuación, que conta cun orzamento de 25.000 euros, permitirá substituír o pavimento por un de caucho.

O Concello de Camariñas ven de solicitar unha subvención á Xunta de Galicia, a través da liña autonómica para a mellora de equipamentos, para financiar o proxecto de renovación do pavimento do parque infantil da Ponte do Porto, que conta cun orzamento total de 25.469,08 euros.

O parque da ponte do Porto conta cun pavimento bastante deteriorado, con gretas e roturas, polo que o Concello ten o obxectivo de substituílo por un novo continuo de caucho, que ademais de ser antideslizante aportará maior seguridade e protección fronte a caídas por ser un pavimento que amortigüa os impactos.