Friday 22 de November de 2024

Cocido interxeracional


Máis de 190 comensais participaron este domingo no tradicional cocido interxeracional de Neda. Un concorrido e animado encontro gastronómico no que maiores, e tamén xente nova da localidade e doutros puntos da contorna, deron conta dun típico menú destas festas (sopa, un potente cocido e torradas). A cita, que pon tradicionalmente o punto e final ao entroido no municipio, contou coa actuación de Jorge Latino e, como é habitual, non faltará tampouco o sorteo de cestas de produtos destas datas.