Unha das voces galegas máis novas e heterodoxas, Adrián Maceda, úneseá valenciana Berta García Faet, Premio Nacional de Poesía Nova
Este luns, 26 de febreiro, volve o ciclo de poesía PoetasDi(n)versos, organizado pola Concellaría da Área de Fomento e Promoción da Cidade doConcello da Coruña, cunha nova sesión que porá en diálogo a lírica galega coa castelá, nunrecital protagonizado por poetas referentes da literatura máis nova.
O 26, de febreiro, ás 20.00 horas no auditorio do Ágora, a Premio Nacional de Poesía,Yolanda Castaño, presentará e dará voz á poesía máis moza dentro do ciclo PoetasDi(n)versos. Nesta ocasión estarán presentes o poeta Adrián Maceda (O Saviñao, 1997),unha das voces máis novas do panorama literario galego, gañador do XIII Premio de PoesíaAntonio Gala de Alhaurín e segundo e terceiro nos premios XXII Premio de Poesía DíazJácome e XXI Premio de Poesía Díaz Jácome respectivamente. Destacan na súatraxectoria os poemarios Índice, A trasnoite ou Anil límite.
Canda el estará a poeta valenciana Berta García Faet (1988), multipremiada autora portítulos como Los salmos fosforitos (Premio Nacional de Poesía Nova Miguel Hernández doMinisterio de Cultura), Manojo de abominaciones (Premio de poesía Ana del Valle) ou Introducción a todo (Premio de Poesía Nova Pablo Baena). Mais tamén destaca a súa obra ensaística con El arte de encender las palabras e o seu labor de tradución da obra da autora Blanca Llum Vidal.
Esta será a segunda sesión de Poetas Di(n)versos no que vai de ano. Desta forma, oGoberno de Inés Rey dá continuidade a unha programación cultural na que xa estiveron presentes poetas de grande envergadura literaria e que agarda, no mes de marzo, a Rolando Kattan desde Honduras e Abraham Pérez, desde Lugo, que se darán cita o 25 de marzo tamén no auditorio do Ágora.
A entrada para asistir ao recital é de balde ata completar a capacidade do recinto.