Friday 22 de November de 2024

O Concello avanza no plan de expansión da RoldaPeonil completando melloras de accesibilidade entreas rúas Ramón Cabanillas e Sagrada Familia


Esta semana remataron as obras de remodelación do paso peonilexistente no cruzamento coa avenida de Arteixo, que pasa a estardisposto en elevación e inclúe unha zona de paso específica para ciclistas

O Concello da Coruña completou esta semana as obraspara mellorar a accesibilidade no cruzamento da avenida de Arteixo coas rúas RamónCabanillas e Sagrada Familia, unha intervención que permite dar continuidade ao plan deexpansión da Rolda Peonil coa que o Goberno de Inés Rey busca conectar os barrios dosCastros e a Agra do Orzán cunha gran vía, de prioridade eminentemente peonil.

Neste contexto, a mediados de setembro do ano pasado comezaron os traballos pararemodelar o paso peonil existente entre as rúas Ramón Cabanillas e Sagrada Familia,elevándoo co obxectivo de pacificar o tráfico rodado na contorna. En paralelo a estamedida, actuouse tamén sobre as beirarrúas da contorna, ampliándoas en ambas asmarxes para gañar en accesibilidade e, ademais, reforzar a seguridade das persoas con mobilidade reducida.

En paralelo, continúan as obras de construción do novo treito de carril-bici que conectará a rolda de Nelle coa contorna de Vioño. A este respecto, cómpre lembrar que no propio paso peonil elevado entre Ramón Cabanillas e a Sagrada Familia xa se executaron as adaptacións necesarias para diferenciar as zonas de paso peonís e as de uso exclusivo para bicicletas, que estarán unidas ao propio carril bici.

A este respecto, o Concello levou a cabo un investimento de máis de 180.000 euros para concretar estas melloras de accesibilidade entre os barrios dos Mallos e a Sagrada Familia.

O próximo paso da Rolda Peonil, na Sagrada Familia

Con esta intervención na avenida de Arteixo, o Goberno de Inés Rey avanza no plan de ampliación da Rolda Peonil posto en marcha no pasado mandato.

Nos últimos catro anos, e de forma progresiva, certificouse a peonalización total ou parcial de rúas como Alcalde Marchesi, Puga y Parga e Mariscal Pardo de Cela (Catro Camiños), Oidor Gregorio Tovar e Ramón Cabanillas (Os Mallos). Desta forma, a Rolda Peonil gañou en continuidade desde a peonil da Gaiteira, vertebrando así un percorrido que se prevé estender ao barrio da Sagrada Familia, a través dun treito da rúa homónima, e, xa posteriormente, á Agra do Orzán, coa meta no parque do Observatorio.