• Sandra Insua reuniuse coa vicepresidenta do Goberno en FITUR e comprometeuse a enviarlle este produto.
• Yolanda Díaz agradeceu o detalle e confirmou que intentará estar este ano na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.
A vicepresidenta do Goberno, Yolanda Díaz, fixo gala nas súas últimas aparicións públicas duns pendentes de encaixe de Camariñas que lle foron enviados polo Concello como agradecemento polo encontro mantido en FITUR coa alcaldesa, Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes.
Sandra Insua reuniuse en Madrid coa vicepresidenta e comprometeuse a enviarlle este produto. No envío, acompañando aos pendentes, ía unha invitación invitándoa a participar na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas.
Na súa resposta, Yolanda Díaz salientou o bo traballo que se fai desde o Concello para a comercialización e internacionalización do encaixe e cun “vémonos na Mostra” confirmou que intentará participar este ano nalgún dos días nos que se celebra o evento en Semana Santa.