Monday 25 de November de 2024

Ortigueira cheira a Caldo de Gloria no Día de Rosalía


O Concello de Ortigueira celebrou o Día de Rosalía con diversos actos de recordo á escritora. Máis aló dos locais de hostalería que ofreceron o seu Caldo de Gloria, a actividade no municipio tivo dous grandes epicentros: a Residencia de Maiores e Aspromor. En ambos os centros estivo presente o alcalde da localidade, Valentín Calvín, para acompañar aos usuarios e usuarias e ao alumnado do instituto municipal, tamén presente.

Os estudantes axudaron aos usuarios na preparación do Caldo, pero tamén lles ofreceron lecturas dalgúns dos poemas da histórica autora galega polo 187 aniversario do seu nacemento.

A maiores, o colectivo Ortigueira Entre Fogóns acudiu á Residencia para cociñar xunto aos usuarios e usuarias a receita da que Rosalía de Castro fala nun dos seus poemas.