Friday 22 de November de 2024

Solicítase o máximo esforzo para loitar contra os plumachos


O alcalde insistiu en que a Xunta debería ser máis dilixente na loita contra os plumachos que se reproducen constantemente nas beiras da Vía Ártabra, en especial no treito entre Fonte do Ouro e A Cova.

García Seoane referiuse a esta peste remarcando a necesidade de controlar este tipo de plantas invasoras, un perigo para a flora autóctona e a paisaxe tradicional. Tamén solicitou ás persoas con propiedades nas que nacen estes plumachos, que acaben con eles se non queren ver as súas fincas cheas desta impropia variedade.