Friday 22 de November de 2024

O Concello de Frades convoca catro xornadas dedicadas á saúde no Hotel Balneario Compostela durante o mes de marzo


O Concello de Frades convoca un ano máis o seu programa “Mes da saúde”, que inclúe catro xornadas no Hotel Balneario Compostela que terán lugar os martes 5, 12, 19 e 26 de marzo. O prezo mantense nos 45 euros e a admisión será por rigorosa orde de inscrición de forma presencial no Concello ou a través da sede electrónica. En todo caso, terán preferencia as persoas empadroadas en Frades.

O Concello de Frades subvenciona o 70% do custo desta iniciativa e porá un autobús a disposición das persoas participantes, que sairá da Grabanxa ás 15:00 horas e as recollerá polas distintas parroquias. Os veciños e veciñas participantes deberán levar traxe de baño, chancletas antiesvarantes e gorro de piscina.

Durante esas catro sesións no Hotel Balneario Compostela desfrutarán dun circuíto termal que inclúe piscinas de chorros, contracorrentes, jacuzzi, saunas, ducha bitérmica e de aromas, circuíto circulatorio de pernas e unha sala de relax con mármores quentes.